Máis sobre a Democracia

Todas as definicións de Democracia que eu coñezo, refírense á Democracia Política, ou sexa, a una forma de goberno dos pobos ou ás relación entre grupos de cidadáns que escollen un xeito de ser gobernados, elixindo uns gobernantes que redacten as normas ou leis para unha convivencia pacífica e para a solución dos múltiples problemas que a propia existencia presenta. Pero coido que tamén podería entenderse como democracia, un xeito persoal de ser, de vivir e de sentir, individualmente e en sociedade. Esa democracia nacería, medraría, madurecería e consolidaríase na persoa como individuo e como ser humano e, sería acadada a traveso dunha educación integral e continuada no tempo, que faría posible para cada un, a asunción de conceptos básicos para a convivencia, como a Tolerancia, o Respecto e a Solidariedade. Así, algún día podería vivir a xente en plenitude democrática. Entón si que votar cada certo tempo tería un verdadeiro sentido democrático. Paréceme a min, claro, pero se cadra estou nun erro …

Máis sobre a Democracia

Te puede interesar