Máis que nunca necesitamos deles

Fai uns días coñecíase, que varias cidades de China superaban os 52º C de temperatura, sendo esta marca a maior xamais rexistrada. Ao mesmo tempo, choivas torrenciais provocaban o desprazamento forzoso de milleiros de persoas nese país. Nun portal de divulgación científica por esas mesmas datas sinalaba, que as refuxiadas climáticas, están indo a máis de tal xeito, que nun futuro próximo, vai ser esta a causa principal das migracións. No estado español, xa empeza desde fai un tempo a comprobarse, que persoas do sur de España, están a migrar cara ao norte por motivos climáticos. Fai uns anos, nacións unidas desenvolvía un mapa, de como van ser as futuras migracións no planeta, por mor do cambio climático. Neste sinalase, un trafego de xente do este cara ao oeste e do sur cara ao norte, sendo isto un dos principais problemas sociais no futuro inmediato.
 

O cambio climático xa esta aquí empezando o seu traballo, máis axiña do que se esperaba e parece que os gobernos dominantes, non lle están a prestar a suficiente importancia, vendo as medidas tan febres que estanse a tomar. Parece que o poder político baixo a tutela do poder económico, quere confiar exclusivamente na tecnoloxía (lucros para os poderes económicos), para confrontar este grave e perentorio problema. E con certeza que a tecnoloxía vai ser de  grande axuda, sobre todo na adaptación. Máis e indubidábel, que as mellores solucións para loitar contra o cambio climático e a degradación dos ecosistemas, tennas o proprio planeta. Solucións que nesta pelota chamada Terra, están em mans das comunidades indíxenas, comunidades que levan vivindo toda e sua existencia, em harmonía co planeta, creando unha cultura acorde coa natureza. Estudos científicos feitos desde a estación espacial internacional (ISS) concluíron ,que as comunidades indíxenas do Amazonas, levan vivindo milleiros de anos desenvolvendo a sua existencia, sen apenas cambiar o entorno natural. Cabe sinalar que estes pobos,non usaron xamais o fogo, para a rexeneración da terra.
 

Porque ademais da riqueza cultural destes povos,  dos cales por sorte aínda conservamos seus xeitos de vida, as súas linguas (case 7000 no planeta a pesar, de que cada dúas semanas perdese unha) os seus coñecementos no reestablecemento dos ecosistemas, nos seus coñecementos a hora de producir alimentos, nos seus coñecementos a hora de conservar os ecosistemas, poden ser se ha interese político, unha arma fulcral e de primeiro orde, a hora de loitar contra esta desfeita medio ambiental que a sociedade capitalista fundamentalmente, está a producir.
 

O pasado 9 de agosto día mundial dos povos indíxenas, esixamos que os seus coñecementos, sexan a base para loitar contra o cambio climático e crear un novo xeito de producir e de vivir no mal chamado primeiro mundo, ademais de por en valor, em protección e concederlles xustiza e ecuanimidade a estas civilizacións orixinarias.

Máis que nunca necesitamos deles

Te puede interesar