Lúa nova no Ateneo

Hai un tempo quixen asistir á presentación da obra de Irene Montero na Libraría Cantón máis non puido ser. Pero, o club de lectura do Ateneo Ferrolán – dirixido pola profesora Ánxeles Seoane – tivo a ben darnos outra oportunidade para escoitar a esta autora e periodista ferrolá afincada na Coruña. 


Ten “Lúa Nova” (Xerais 2022) o oitavo premio de novela curta Cidade Centenaria de Ribeira. Sae da temática habitual do panorama literario galego ao abordar como eixo central as discapacidades e a súa aposta pola normalización na propia sociedade. A súa protagonista é unha persoa cega que vai desenvolvendo a súa vida, con todas as dificultades que se queira, pero paso a paso. É unha escrita limpa, que permite á lectora ou lector achegarse a unha historia que permite seguila sen artificios nin estraños vieiros. 


Un relato que busca sacudir as nosas indiferenzas e apostar por unha percepción da realidade de xeito inclusivo e respectuosas con todas as persoas. Entender que a vida é mellor se todas as persoas teñen a posibilidade de desenvolver todas as súas capacidades a pesar do seu punto de partida, sexa este cal sexa. Dito doutro xeito: achéguense á súa libraría, será unha lectura agradecida.

Lúa nova no Ateneo

Te puede interesar