Hoxe mais que nunca

Hai unhas semanas a comunidade científica declaraba, que a meta de non sobrepasar o grado e medio de aumento das temperaturas era xa inviábel. Isto aínda que fíxose público nestas datas, sabíase ou intuíase fai un ano o dous antes da Covid-19. O desleixo político ou máis ben a sumisión aos poderes económicos, son os reponsábeis deste logro, o cal, vai ser nefasto para as habitantes deste planeta.


Dentro dunhas semanas entramos no natal no mundo desenvolvido. Unhas festas insolidarias e ata atrévome a dicir clasistas, xa que, o que máis ten as vai celebrar mellor que o que menos ten, onde o consumismo e o dispendio van ser a tónica dominante. Unhas festas onde o mal chamado primeiro mundo, vai demostrar a súa opulencia, a pesar incluso da guerra.


Aínda que é indubidábel, que debemos consumir con moderación aquilo que é verdadeiramente necesario, este consumo con certeza debémolo fazer nos nosos comercios locais, nos nosos comercios de barrio. Comercios que levan xa bastantes anos, sobre todo aquí na comarca, pasándolo moi mal. Entre o 2008 e a chegada da Covid-19 pecharon no conxunto do estado perto de 90 mil comercios e ao mesmo tempo, o auxe do comercio electrónico subía escandalosamente. Coa Covid-19 deúselle ao comercio de barrio outra pullada máis e de novo o comercio on-line, volvía experimentar un auxe sen precedentes. Cabe sinalar que este comercio on-line, supón maior consumo de combustíbeis e embalaxes, co cal maior contaminación, maior carga de gases de efecto invernadoiro ademais da destrución de riqueza e forza de traballo local.


É indubidábel que mercar nos comercios dos nosos barrios implica, un conxunto de vantaxes de diversa natura. Mercar no barrio entraña dinamizar este, co cal as administracións públicas soen dar e dotar con maior diversidade de recursos a estes barrios. Mercar no barrio trae consigo crear emprego no barrio e isto ao mesmo tempo fai de chamada, a instalación doutros comercios no barrio.  Mercar no barrio significa revalorizar o mesmo, co cal vai ser un barrio mais transitado e ao mesmo tempo, isto vai facer que mais xente queira vivir nel e máis comercios queiran instalarse nel. Mercar no barrio significa, que o diñeiro non se vaia a sabe dios onde e que estes cartos circulen na localidade, creando a súa vez máis riqueza na propia cidade.


En definitiva, mercar nos barrios supón múltiples vantaxes, non soamente medioambientais se non tamén sociais e económicas, xa que, a riqueza que crease é riqueza que xera emprego  é riqueza que xera a súa vez riqueza económica de verdade.


Asi que este natal e o resto do ano non vos esquezades: Hoxe máis que nunca mercar todo o posíbel nos comercios dos vosos barrios. 

Hoxe mais que nunca

Te puede interesar