Un fogar asaltado

O mes de setembro amence coa violencia desatada na rúa Magdalena, onde tiraron abaixo a porta dun edificio e asaltaron unha vivenda.


O acontecemento desta fin de semana sobrepasa todo tipo de liña vermella. Na cidadanía hai a sensación dunha epidemia de violencia estendida ao centro da cidade, que considera produto de non asumir moitos as responsabilidades debidas. Sexa certo ou non, no ruxe ruxe dos faladoiros pénsase que, para chegar a isto, antes tivo que crearse un clima de permisividade. Estamos na cara B dun ambiente de crispación esaxerada e de falta de respecto aos demais, a risco de normalizar brutalidades?


A cidadanía ferrolá necesita respostas axeitadas e, así, as diversas autoridades e organismos vense emprazados a buscar unha pronta solución ao mal ambiente xerado.


Hai unha xunta local de seguridade presidida polo alcalde, na que participan os tres corpos policiais presentes en Ferrol, que ten que lidar coas consecuencias que se derivan da sensación de inseguridade cidadá. A maiores, o goberno municipal debera implementar medidas para recuperar a convivencia e o civismo na cidade, necesariamente consensuadas cos outros partidos. A cidadanía quere tranquilidade nas súas rúas.

Un fogar asaltado

Te puede interesar