lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

Ser felices por decreto

Chegados a estas datas é coma se nos deran a volta coma un calcetín; cambia ese rictus de cabreo permanente que algúns levan instalado perante o resto do ano e pónselles na faciana ese sorriso sardónico co que desexan felicidade a esgalla. E vale, malia que ese degoro as veces  soe un pouco artificioso. Mellor iso por uns días a que segan cabreados o resto do tempo. Desexarmos felicidades é un protocolo sen o cal estas festas non serían tales. Nadal ven ser natalicio e en realidade o que se celebra  é aquel alumbramento acontecido hai máis de dous mil anos. De neno lembro o pequeno nacemento que a avoa puña logo de irmos  meu irmán e máis eu  buscar musgo polas fontes e regatos, e montábamolo cunha  enorme ilusión tamén. Logo chegaron a casa dende os EE.UU.  os enfeites para un árbore, un piñeiro  que instalamos cheo de bolas e luces de cores naquel primeiro Nadal novidoso para nós, e o pobre nacemento foi quedando relegado a un pequeno recuncho. Arestora xa sabemos de que vai todo isto: de luces de cores polas rúas, de agasallos, de ceas pantagruélicas, de bebidas espirituosas, de Papá Noel...en fin de desaforado consumismo que é do que se trata. Ai, se aquel neno levantara a cabeza...! ianos correr a letagazos coma fixo xa de maior cos fariseos daquel templo. De nada serviría que os eruditos, antropólogos e demáis especialistas  tratasen de averiguaren  se aquilo foi como nolo contaron  ou doutro xeito. Aqueles cronistas da época tampouco estiveron moi de acordo. Os apócrifos, cuxas escritas foron rexeitadas tempo despois pola igrexa, falaban de que Xosé era un “empresario” da madeira moito maior que María e que non estaban o que se dí na indixencia. Falan tamén dos “irmans” de Xesús, etc, pero foron catalogados de falsos espúrios e ilexítimos en beneficio dos  “xenuínos e verdadeiros” ( a palabra de Deus). Asi é se así nos parece! dixeron e montouse o Belén que prevalece ata os nosos días  . Porque serviría de algo saber, por exemplo outras cousas de Xesús ? , de cómo foi a súa adolescencia e xuventude e a súa loita para defender os dereitos dos menos favorecidos,etc?, cuestiósn estas que formarían parte da ampla biografía   dun auténtico activista e revolucionario do seu tempo que mativo en xaque ao poder. Pouco interesou iso á hora de fabular a cerca da súa milagreira e curta vida. Así que sexamos felices estes días mailia que sexa por decreto, porque así está escrito no noso calendario. A aquel do que celebramos o seu natalicio non o deixaron despertar conciencias, non lle permitiron que o humanismo estivese por diante dos poderes materiais e matárono. Nestas datas sería bo que pensáramos un pouco niso namentres cantamos  o “Mira como beben...” entre copa e copa.


 

Ser felices por decreto

Te puede interesar