O Falcon

Estou bastante intrigado pola teima de certos políticos e dalgúns periodistas importantes, na crítica, tanto na fala como na escrita, do uso que fai o Presidente do Goberno, dese avión, “O Falcon” que, a xulgar pola importancia que lle dan os que tanto o comentan, debe de ser a máxima expresión do luxo. A min, esa crítica paréceme totalmente descentrada, pois entendo que, as viaxes de calquera presidente dun país deben estar organizadas e supervisadas por un equipo especializado, que terá en conta ante todo a seguridade, minimizando os tempos e os riscos de cada desprazamento. Se iso é así, non procede insistir niso de que “ao Presidente encántalle viaxar no Falcon”, a non ser que o que se pretende sexa censurar o traballo do personal do sistema de seguridade. Iso, ou tamén que haxa unha boa dose de envexa, pois viaxar así non está ao alcance de calquera. E xa que logo, sendo un pouco mal pensados, poderíase entender que, como dicimos os galegos, “se a envexa fose tiña, moitos tiñosos habería”. Non é?

O Falcon

Te puede interesar