Fagamos barrio fagamos comunidade.

A cuarta feira pasada día 16 de agosto, concluía a xuntanza de países que abranxen territorio na Amazonía, xunto coas representantes da Republica do Congo, Indonesia entre outras. O tema que em esta xuntanza tratouse, foi sobre a deforestación da Amazonía, xunto con, como investir cartos nela, para intentar recuperar parte do deforestado. Nesta xuntanza pediuse tamén aos gobernos de occidente, que cumprisen cos seus compromisos medio ambientais. A xuntanza acabou sen compromisos concretos, mais si con un plan de ruta que permita aos gobernos, dar poderes as institucións locais e dotalas das ferramentas necesarias, para reducir a mínimos a deforestación


Aínda que a moitas de nós escapesenos, a deforestación de terra virxe para fazer terra agrícola intensiva, é un dos grandes negocios do planeta. Máis é un negocio que quen o realiza, quen está detrás destas grandes corporacións, nom lle gusta que os seus nomes, estean á vista da sociedade. Grain, un pequeno grupo de xente moi preparada, que axuda as labregas e as comunidades, a cultivar eficientemente coa agroecoloxía ou permacultura, estiveron investigando a un fondo que deforestó, unha parte importante de selva virxe africana. Tardaron dous anos, em desmontar todo o entramado de sociedades por todo o planeta, em forma de rede, que crearon os donos deste fondo e ao final, nom chegaron a saber quen eran as persoas físicas que estaban detrás de todo aquilo.


E conto todo isto xa que, o cambio climático non so é un problema do CO2 que botamos a atmosfera, a través das calefaccións, transporte ou grandes empresas. A deforestación para a produción de alimentos, sobre todo para o gando, é tamén un gran problema medio ambiental.


Hoxe em dia, a maior parte dos alimentos, veñen destes lugares con grande riqueza em biodiversidade, que ao cabo duns anos, quedan totalmente inservíbeis por mor dunha agricultura irracional, nada sustentábel ademais de insana.


Os nosos países entre eles Galiza, nos derradeiros 40 anos perdemos a maior parte da soberanía alimentaria que posuíamos, un ben moito máis poderoso e necesario, que ter un gran exercito.


Xa para rematar, é indubidábel, que debemos ser produtores de novo de alimentos e para iso, as grandes cidades termos unha ferramenta coa que podemos colaborar: Os hortos urbanos. Cómpre hoxe máis que nunca, que os concellos poñan em man das xentes, terras para este fin. O de cultivar alimentos de xeito sustentábel, xunto con ferramentas e profesionais, que capaciten as persoas demandantes destes hortos. Em Ferrol termos grandes referentes como  Caranza e Canido grazas neste último,  primeiro ao labor de Domingo (DEP) e agora de Roberto da AVV, que non paran em traballar, por un barrio dinámico, un barrio activo, un barrio onde se cree comunidade.


Os hortos urbanos sonche hoxe mais que nunca moi necesarios e é fulcral, que as administracións colaboren nisto, xa que, este cambio de chip o planeta, necesita-lo con urxencia.

Fagamos barrio fagamos comunidade.

Te puede interesar