lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

A dirección da película

Unha reflexión enigmática, á vez que sutil e intelixente, sentencia o fondo da situación que levou á invasión e conflito militar na guerra que se está a librar nas terras ucraínas co indiscutíbel efecto de crueldade e padecemento da súa poboación, polo efecto do seu tratamento informativo con propósito de crear estados de opinión pública, na seguinte metáfora: Coñecemos aos bos e aos malos da película, o que non sabemos é quen dirixe o filme. Velaí a cerna do asunto. A dirección.


Sabemos que “a guerra é unha masacre entre xentes que non se coñecen, para proveito doutras xentes que se coñecen pero que non se aniquilan entre si” e que “cada guerra é unha destrución da esencia da humanidade” porque, en sentenza xa de tempos da civilización grega, “ningunha persoa é tanta tonta para querer a guerra e non a paz; xa que por lóxica natural na paz son os fillos os que levan á tumba aos seus pais, e na guerra son os pais os que levan a enterrar aos seus fillos”. Daquela é evidente que se “o mundo ou un país gasta máis diñeiro en armamento militar que en programas sociais, achégase á morte espiritual dos seus valores”, frase de Martin Luther King que cobra máxima importancia á vista do discurso europeo pola militarización activa.


Velaí, ollando para o discurso público dos dirixentes políticos do continente, vemos renovada unha vella cuestión en materia de seguridade, entendida basicamente polo armamento atómico: Precisa a Unión Europea unha forma propia diso que chaman “disuasión”, alén do ámbito da OTAN, e dicir do imperial exército dos EEUU protector?. Sen os británicos, que saibamos só Francia dispón de instrumentos bélicos desta natureza e non está polo labor de compartir. Amiguiños si, máis a vaca polo que vale. 

Multiplicar o parque de armamento atómico é colocar á humanidade ao pé da súa aniquilación. A este tipo de consideración ao bordo do abismo levounos este conflito sanguento, sen final previsíbel, no que todos saímos prexudicados e que só beneficia aos mercadores das morte e aos seus cómplices nas institucións políticas da diplomacia internacional.


Ollo ao piollo. Máis gasto militar, nese dous por cento do produto interior bruto que se propón como mínimo para os países da OTAN, é redución das pensións e do gasto social.


O pastel non permite outro reparto posíbel. Europa non precisa de rearme para garantir a súa seguridade. As pistas sobre o director da película sinalan ao socio americano. O verdadeiro gañador da guerra.

A dirección da película

Te puede interesar