lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

Os delictos de malversación

Até o 1 de xullo de 2015 o noso Código Penal (CP) só coñecía o delicto de malversación por desfalco, é dicir, cando unha autoridade ou empregado público  faise con fondos públicos para o patrimonio proprio ou o de calquera terceiro. Na reforma do CP de 2015 a maioría absoluta do PP de Mariano Rajoy  introduciu un novo delicto, o de administración desleal, que pena a xestión dun patrimonio alleo sobre o que se teña capacidade de administración de xeito que se lle produza un prexuizo económico, xerado das resultas desa xestión. Esta mesma conduta foi penada no ámbito público, como unha segunda tipoloxía da malversación, a malversación por administración desleal. Ambas as dúas tipoloxías da malversación teñen a mesma pena: 2-6 anos de cárcere e inhabilitación especial para todo cargo ou emprego público por tempo de 6-10 anos, que poden chegar a 4-8 anos de cárcere e 10-20 de inhabilitación absoluta se a malversación por desfalco ou por administración desleal supera os 50.000 € e a 6-12 anos de cárcere se sobarda os 250.000 €. 
 

A razón desta ampliación punitiva no eido da malversación era o procès catalán. O PP quería punir ao president Artur Màs e ao conseller Francesc Homs pola convocatoria da consulta cidadá catalá de novembro de 2014 e decatáronse co CP na mán que só o podían facer por desobediencia. De todos os xeitos obtiveron despois unha sentenza do Tribunal de Cuentas que lles obrigou pagar unha moi alta indemnización. Mais para o PP estatal cumpría unha reforma “ad hoc” que cualificase o destino de fondos públicos para finalidades de consulta cidadá por parte dun goberno soberanista nun delicto “ex novo” con castigo semellante aos homicidios e violacións.
 

Temos, pois, dous delictos de malversación, a que se fai por desfalco e o que se fai por unha xestión discutíbel do patrimonio público. Punidas as dúas coas mesmas penas, que se cualifican pola cantidade atinxida que sempre tenderá ser superior no contexto da xestión discutíbel ca no de encher directamente o peto propio ou alleo, o que explica que os antigos presos soberanistas cataláns fosen condenados coa gravidade xa coñecida. Só a malversación por desfalco constitúe un delicto de corrupción, na normativa xurídica internacional (Convención das Nacións Unidas contra a corrupción de 2003).  
 

Xa que logo, cómpre rebaixarmos substancialmente as penas por malversación por administración incorrecta e non por desfalco. E, ao mesmo tempo, rematar con fórmulas xenéricas incompatíbeis co Dereito Penal das democracias europeas e definir dun xeito concreto e limitativo as condutas que han ser penadas por este delicto e polo seu correlativo no ámbito do Dereito civil e mercantil, o delicto de administración desleal. 

Os delictos de malversación

Te puede interesar