Cume da OTAN

Cincuenta delegacións de todo o mundo mundial, reuniranse mañá mércores 29 de xuño do 2022 en Madrid para falar da OTAN e da guerra de Ucraína.
 

Non parece ser a palabra paz a que máis se vai a pronunciar durante as conversacións. 
 

Todos contra Rusia, co ouro, o petróleo e o gas como armas políticas ofensivas, tratando de illala do concerto mundial.
 

A miña opinión é que todo o que non sexa un avance para o remate da guerra, será un fracaso. A verba paz, repítoa así con maiúsculas, debería ser a meta final e mesmo o leitmotiv da cume. É por iso polo que estou de acordo coas manifestacións de onte na capital de España. Paz é o que fai falta no mundo para acabar coa fame e a miseria, cada vez máis estendidas.
 

Madrid blindado, co maior dispositivo de seguridade de tódolos tempos xunto coa maior sensación de inseguridade. Non entendo moi ben como a nosa capital, dada a a situación económica do noso país, foi elixida como sede da cume.
 

Como vedes non espero moito desta xuntanza, por iso propoño dende estas liñas unha nova reunión tripartita, Rusia, Ucraína, OTAN, a celebrar en Moscou, cun obxectivo común e moi claro, evitar a ameaza latente dunha terceira guerra mundial que, sen dúbida, acabaría co mundo civilizado.
 

O presidente Volodimir Zelewsky en vez de tanto reclamar axuda de armas, debería ser o máis interesado nunha reunión co seu case homónimo Vladimir Putin, co gallo de evitar miles de mortos e de rematar coas perdas económicas multimillonarias que se están a producir.
 

Fagan contas os países involucrados e pensen si vale a pena continuar unha guerra que, dun ou doutro xeito, vainos levar a vencedores, si os hai, e vencidos ao desastre total.
 

De feito, as consecuencias xa as estamos a sufrir en todo o mundo, mundial.

Cume da OTAN

Te puede interesar