Cortar pola raíz

Fai dous meses, unha cidade dos EUA, permanecía con temperaturas superiores a 40ºC durante mais de 3 semanas consecutivas. Ao mesmo tempo nese país, xa empezaron a fazer relocalizacións de comunidades enteiras, pola crecida das augas e pola formación de Tsunamis, cada vez mais frecuentes e en espazos de tempo mais cortos. A auga vai ser un dos principais problemas, ao que nos imos ter que enfrontar, xunto coa diminución na produción de osixeno, algo no que ten tamén que ver os océanos e un dos problemas máis graves, nun futuro nom moi lonxe e do que menos se fala.


Todos os ecosistemas terrestres, xa levan un tempo dando sinais de cambios. Cambios que nom van a ser bos para o planeta, nin para os seus habitantes. Mais un dos problemas tamén graves que imos a sufrir, é o das invasoras. Hoxe em dia, a súa presenza no noso país, xa está detallada, máis cada x tempo, estamos a observar novas especies, sobre todo provenientes de climas tropicais. Cómpre dicir, que unha especie invasora, cando se asenta en un novo territorio, a súa erradicación total, é imposíbel a día de hoxe. No noso país, a actitude insensata dos nosos dirixentes, propiciou que determinadas especies exóticas, encontraran acougo na Galiza. Falo por exemplo do plumacho, tamén coñecido como herba da pampa, o cal, penetrou na nosa terra, grazas a decisión do Sr Iribarne. Este gustaba da planta e encheu as autovías delas. Outra especie que se instalo nas rías da Galiza, por unha decisión da consellería, ala polos anos 90 do século pasado, foi a ameixa Japónica. Ante unhas rías totalmente degradadas, nas cales a produción marisqueira, ía nun espazo corto de tempo a ter serios problemas, ante a  opción de gastar cartos en restaurar estes ecosistemas, para que deste xeito, a ría volvese a ter vida ou pola contra, meter unha especie foránea, que aguantase a degradación, aínda que esta fose de peor calidade e ademais invasora, a consellería en máns do PP, elixiu esta segunda opción. Agora a ameixa babosa está en risco de desaparecer, ao nom poder competir e quedarse sen espazo. Mais isto non so foron cafradas dos políticos do PP da Galiza. Francia fixo o mesmo coa ostra rizada, a cal, xa chegou  algunha das nosas rías e nuns anos, coa subida da temperatura do mar, sufriremos unha invasión dela. Dicir que esta ostra, ademais do seu pouco valor económico no mercado, é unha invasora moi depredativa, a cal, acaba coa biodiversidade ali onde se asenta, deixando a moitas outras especies, sen fontes de alimentación.


Xa para ir rematando, esta claro, que a globalización a facilidade de transportarse de un extremo a outro do planeta, está a fazer, que as especies trasládense e se instalen, grazas ao aumento das temperaturas.


É fulcral que os políticos, no metan máis a zoca e actúen cortando pola raíz, ante esta invasión, a cal, é a segunda fonte de perdida de biodiversidade no planeta, perdas económicas moi grandes, perdas laborais ademais dun  perigo moi grande para a saúde humana.

Cortar pola raíz

Te puede interesar