Un conto de Nadal

Houbo un tempo na que a cidade, aquela que estaba fronte o mar, tiña moreas de traballadores orgullosos de cambiar o mundo. Mais, eles deixaron de facer camiño ao andar, do gris presente ao futuro da irmandade da luz.


Pasaron os anos, chegaron elas con acentos caleños e novas xentes dunha terra oriental, a carón de outros que creceron na chaira extensa ou viñan de onde os ríos acaban nun mar de cobre labrado a golpes de maza. Chegaron as persoas de vellas linguas que falan da mai natureza e as da terra sen sombra.


Pero, tamén chegaron aqueles dos que fuxiron todos os que antes chegaran. Con moreas de cartos dos que ninguén sabía a súa procedencia. A cidade, a casa común, estaba en venda. Aqueles, como os centauros procreados nunha nube, afogaban a vida diaria. Chegou o nadal e até as súas luces negáronse a brillar. Así, todas as persoas tiñan que escoller, entre sucumbir novamente á escuridade ou coller a testemuña dos primeiros habitantes.


Como todo que ten un principio, foi ela. Naceu da mesma fonte dos dous ríos. Botou o pano que cubría a súa cabeza ao vento, este acabou na estrela que estaba na cima de unha árbore. Provocando un arco da vella que anegou toda a cidade con luces de cores. Ese foi o sinal. E este conto continuará...

Un conto de Nadal

Te puede interesar