Ciencia, ciencia e máis ciencia

ai uns días media España e tamén media Galiza, saltaban de ledicia porque Rafa Nadal gañaba outro Grand Slam e os titulares nomeaban a este gran deportista, como o tenista que mais Grands Slams gañou na historia. Parece que as hemerotecas non traballaron moi ben, xa que, foron Margaret Court (24 Grand Slam), Serena Willians (23 Grand Slam) e Steffi Graf (22 Grand Slam), as deportistas que mais gañaron esta competición de tenis. Non é de estrañar, xa que por desgraza, vivimos nunha sociedade na que a muller, aínda esta considerada en moitos ámbitos da vida, uns chanzos por debaixo en relación co home.

Máis se no deporte e no resto das profesións é grave e da que pensar o pouco que avanzamos e diferenciamonos de épocas pretéritas, o máis grave é, que no mundo da ciencia hai máis do mesmo. E digo grave, porque a ciencia é, a que nos separa como humanos da superstición e leva a esta ultima a morte, como dicía Thomas Henry Huxley.

A ciencia é, a que educa ao mundo e nos fai ver a realidade, desde aprender do seu saber ata intentar corrixir os seus erros.

Hoxe en día as nosas rapazas que son maioría nas aulas das carreiras científicas, ademais de que por norma, son elas as alumnas máis aplicadas e que mellores notas sacan, tamén son elas as que abandonan e non dan o paso ao mundo da investigación. Os estudos sobre este fenómeno demostran, que elas ven este patriarcado na maioría das ocasións, onde coñecen de antemán, que non van poder chegar no mundo científico as cúspides, se non que van a ser traballadoras de base e isto fai que desistan, a dar o paso ao mundo das incógnitas. Outras pola contra, desisten ao ver isto e pasan a cumprir os roles pretéritos das mulleres na sociedade, como é o de ter fillos, casarse etcétera.

Ao mesmo tempo neste mundo do coñecemento e do saber, as rapazas que si dan o paso a desenvolverse como investigadoras, estas son as que menos becas reciben para investigación, sobre todo si van a investigar en temas que atinxen principalmente as mulleres, ademais de que as conclusións que saquen nestes estudos científicos, van ser publicadas en revistas de ciencia de segundo ou terceiro orden.

Algo totalmente anacrónico nestas alturas na que se atopa a humanidade. Ao mesmo tempo aquelas rapazas que se integren en equipos, polo xeral xa que temos importantes excepcións, non van a pasar de ser traballadoras de base, sen moita voz, seguramente na maioría dos casos, con excepcionais curriculums, cerebros privilexiados e inmellorábeis aptitudes para a investigación científica.

Xa para rematar, como podemos esperar que no haxa patriarcado no deporte ou noutros ámbitos da vida, cando no mundo do saber, mundo este que nos fai desenvolvernos cara adiante como especie, pasa o mesmo o aínda peor.


Ciencia, ciencia e máis ciencia

Te puede interesar