lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

Ciencia, ciencia e más ciencia (e III)

o 10 de febreiro deste ano 2022, a ONU comunicaba no seu portal de noticias, que para o 2030 os fondos mariños de todo o planeta, van estar cartografados en contraposición ao 20% actual, segundo un acordo no cumio ( Un Océano) celebrado na cidade francesa de Brest a principios de mes. Hoxe en día, os fondos mariños son os grandes descoñecidos e coñecer o mapa do chan, profundidade, como flúen as correntes mariñas e as mareas, ademais do tema dos sedimentos e o seu transporte, é fulcral para entender estes e a súa relación cos demais ecosistemas, nun momento onde o cambio climático é a principal ameaza que temos os seres humanos.

Conto isto, porque a ciencia vólvenos a demostrar, que é o motor que move o mundo e dentro dela a ciencia base ou a investigación base o básica é fulcral aínda que, na actualidade está a mínimos . Coñecer o motivo das cousas que nos rodean, ter curiosidade pola natureza e o seu funcionamento, ademais de como nos afectan o pode afectar, é sumamente importante para logo poder facer ciencia aplicada. Un exemplo son os celulares, os cales son o resultado de moito aprendizaxe en diversas materias en ciencia base durante moitos anos, que logo deron o froito traducido nestes aparellos. Aparellos que seguen desenvolvéndose e mellorando, a base aos resultados da investigación básica.

Desde fai uns anos o mundo da ciencia por desgraza, está tomado tamén polo grande capital, que é na maioría dos casos, quen decide que se investiga e cantos cartos se poñen enriba da mesa para estas investigacións. En consecuencia, o capital vai queres ter réditos con estas investigacións traducidas en novas tecnoloxías. Por mor disto, a ciencia base desde fai xa tempo está en retroceso, debido a que as súas investigacións non dan lucros de inmediato e incluso os seus descubrimentos, tampouco teñen aplicacións moitas veces de inmediato. Máis como dixen antes, a ciencia base é imprescindíbel para a aparición de novos medicamentos, enerxías “limpas” etcétera.

Hoxe en día os políticos dominantes, están a dicirnos quer de palabra quer cos feitos, que a solución ao cambio climático virá do uso de novas tecnoloxías. Isto non é máis que lanzar un guante a favor do poder económico, xa que, deixar o peso da mitigación do cambio climático na tecnoloxía supón, que será o capital quen a controle. Máis como di o pai do decrecemento (Serge Latouche), a tecnoloxía poderemos tela, ao mellor nunca a desenvolvemos ou chega tarde. Un exemplo son os residuos nucleares, que case 70 anos despois seguimos sen saber tratalos ecoloxicamente.

En definitiva apoiemos a ciencia base, que con certeza, as solución da maioría dos problemas que nos mesmos provocamos, viran da man da observación, estudo e investigación básica da natureza.


Ciencia, ciencia e más ciencia (e III)

Te puede interesar