O chalé de Canido

Hai ocasións que a cidadanía está chamada a encontrase novamente cos seus espazos urbanos, que por momentos parecían ocultos, invisibles ou vetados. Pero, para iso é necesario que outros antes deixen as súas pegadas sobre as cales volver.


Rodolfo Ucha Piñeiro constitúe co seu legado a facer de Ferrol unha cidade irrepetible. Hai unha parte fundamental de edificios locais que, grazas a el, vincúlanos co mellor das vangardas europeas. Só tivo necesidade de quen entendera que un edificio, incluso unha vivenda, e moito máis que un sitio onde estar. Que a arquitectura conforma un xeito de arte que permite si, satisfacer as nosas necesidades do día a día, máis tamén que poidamos, por un intre, asaltar os ceos e participar do feito da creación.


Hai que agradecer a recente conferencia dos dous arquitectos de As Built, Ramón Rey e Pablo Ríos, que están a rehabilitar o chamado “Chalé de Canido”. Evento organizado pola asociación Paferr e o Casino Ferrolano, na emblemática sede desta última entidade, outra  obra senlleira do propio Ucha. Foi un gran acerto incluír á familia do propietario orixinario Juan Sisto. Porque se algo ten sentido sempre é a humanización e o detonante, é dicir, explicar de xeito sinxelo a vida.

O chalé de Canido

Te puede interesar