Cara onde imos?

O 26 de maio do 2022, o Instituto Weizman publicaba na prestixiosa revista científica Nature, un informe que demostra, que o cambio climático vai máis rápido do previsto pola comunidade científica. Neste informe relatábase, que as tormentas de inverno no hemisferio Sur, as cales serven para atenuar o calor dos trópicos cara aos polos e sen elas, a temperatura destes sería moito máis baixa, a investigación demostrou, que aumentaron e se intensificaron neste, a niveis que se prevían para finais deste século. Ao mesmo tempo, outro informe publicado no portal de novas The Conversation conclúe, que perto do 60% das enfermidades infecciosas coas que a humanidade convive en todo o planeta, vanse ver agravadas e intensificadas por acción do cambio climático, sen que haxa posibilidade de que nos adaptemos con éxito a todas elas. Xa para rematar cos informes, outro informe publicado en Nature en abril do 2022, por el Centro de Investigación de la Biodiversidade e Medio Ambiente del University College London, o cal levou a cabo unha das maiores avaliacións da diminución dos insectos en todo o planeta, con tres cartos de millón de mostras duns 6 000 lugares demostra, co planeta estase a quedar sen insectos sobre todo nas zonas tropicais, que é onde viven a maior parte destes. Isto é debido a perdida de biodiversidade pola  deforestación para facer terras agrícolas na súa maioría, onde practícase unha agricultura intensiva repleta de inxentes cantidades de Inputs tóxicos, ademais do monocultivo soamente de unhas poucas variedades agrícolas.
 

É dicir, a humanidade está a sufrir por mor do noso sistema de vida, un dos maiores desafíos como é  a propia supervivencia da nosa especie. A utilización dos combustíbeis fósiles, os cales, xa debesen ter desaparecido fai tempo e que sen embargo, seguen consumíndose e para maior inri, está a ir en aumento seu uso, debido a guerra interesada de Ucraína, está a facer, que as temperaturas estean alcanzando xa a principios da década 2020-2030 as que debiesen ser para o 2050, de non máis de 1.5ºC por enriba de valores pre-industriais. A continua e imparábel deforestación que ano tras ano alcanza máximos rexistros en calquera dos tres pulmóns terrestres (SUD AMERICA- INDONESIA- AFRICA) que esta a acabar coa biodiversidade, xunto coa perda de capacidade para absorber o CO2 da atmosfera, ademais de aumentar a contaminación de augas e terras, a UE e o resto de países que teñen a maior responsabilidade nesta desfeita, seguen a facer acordos comerciais con eles, acordos repito, totalmente lesivos para o medio ambiente e para os habitantes destas zonas.
 

En definitiva, o lucro de 4-5 transnacionais estase a impor fronte ao reto, de que o Homo Sapiens continue habitando o planeta, polo menos tal e como o coñecemos.
 

Cara onde imos?

Cara onde imos?

Te puede interesar