As Rondallas

Nun comentario meu publicado por “La Voz” en Agosto do 1986, xa apuntaba a posibilidade da creación dunha rondalla totalmente feminina. A idea tardou en callar, pero moitos anos despois se anunciaba a fundación dunha rondalla de mulleres, e xa que logo, nunha das miñas “Visións” deste diario, en Xuño do 2020, propoñía que as cantoras dedicaran o día de San Pedro para homenaxear aos homes, pois malia os nosos moitos defectos, algunha virtude teremos, digo eu, non si? Desde entón, a rondalla “Só Elas” xa leva algún tempo funcionando con notable éxito, mais a actuación dirixida aos homes seica non ten moito atractivo. Nembargante, coido que o evento sería ben acollido pola “hostelería” e tamén pola cidadanía, por encher un pouco ese baleiro entre “As Pepitas” e as “Festas da Cidade”. Porque un pouco de xoldra e alegría sempre é de agradecer. Digo eu, ou non é?  

As Rondallas

Te puede interesar