Apostando polo transporte público

Desde o xoves desta semana o autobús urbano na Coruña custará aos usuarios un 30%.  Na Coruña e en moitas cidades españolas que, como a nosa, sumáronse ao plan do Goberno de España para promover o transporte público. A medida non chega porque si. A volatilidade dos prezos dos combustibles e da enerxía levaron ao executivo central a tomar medidas valentes e inéditas, cunha aposta decidida polo transporte público como medida excepcional para facilitar os desprazamentos a millóns de cidadáns a prezos de hai máis dunha década e mesmo sen custe, como acontece no transporte por ferrocarril. Fará ben o goberno de España en seguir impulsando políticas de mobilidade que primen o transporte colectivo, e é aí onde cidades é Comunidades Autònomas deben participar colectivamente desta aposta.


Non é a primeira medida que toma o Partido Socialista na actual lexislatura para intervir, desde o Estado, co fin de aliviar a carga económica que o transporte supón para os cidadáns. Sen ir máis lonxe, fixoo tamén este Goberno aplicando substanciais bonificacións nas peaxes da AP-9, que hoxe seguen vixentes e que supoñen un importante alivio para milleiros de galegas e galegos.


O futuro das persoas non pode quedar ao albur da autorregulación dos mercados, existe outra forma de facer as cousas en beneficio dos cidadáns dentro da economía de mercado e á aposta do Goberno de España polo transporte público debe ser constante e non responder sò á coxuntura.


Non só hai que predicar tamén hai que xestionar, e quen colla o bus urbano na Coruña (a primeira cidade galega en aplicar as bonificacións estatais) desde este xoves pagará un 30% menos do que aboaba por cada viaxe, un desconto que pode chegar ata o 50% si finalmente a Xunta asume o 20% extra que o Estado permite subvencionar tamén ás comunidades autónomas.


Haberá que ver si o Goberno galego se suma á aposta polo transporte público ou se, pola contra sigue adicado so a confrontar co goberno de España.


A pandemia primeiro e a invasión de Ucraína despois, marcaron o inicio dunha década que pasará aos libros de historia como unha época difícil e convulsa para Occidente. Mais ante tales circunstancias caben dúas actitudes: non facer nada e agardar a que todo pase, ou aplicar políticas valentes que axuden aos cidadáns a saír mellor adiante. Quen suba ao bus urbano desde este xoves sabe que aquí algúns optamos por esa segunda vía.

Apostando polo transporte público

Te puede interesar