Aparcadoiros disuasorios?

No Ensanche A queren algo máis que palabras. 


Non queren probar a perderse no labirinto que sempre supoñen eses macro proxectos que se anuncian para dinamizar o centro comercial de Porta Nova. Son partidarios daquel vello refrán que fala de que máis vale paxaro en man.


Hai que salientar que é de todo comprensible que a Asociación de Veciños co seu presidente, Rafael Leira, reclamen unha pronta reapertura do aparcadoiro da praza do Inferniño coas súas 325 prazas. 


Incluso sería entendible que, con esta política de aparcadoiros “disuasorios” de Canido e San Xoán, outros barrios ferroláns queiran estender este tipo de solucións de balde ás súas demandas e, máis, cando até agora foron os veciños e traballadores desas zonas os principais beneficiados, seguramente, únicos. 
É dubidoso que usuarios foráneos usen con normalidade eses dous aparcadoiros de referencia.


Evidentemente, nesta xeira para o Ensanche A —que ten a sensación de non ser debidamente atendido— habería que buscarlle entón algún tipo de compensación. É dicir, unha pronta reapertura, decidir que tipo de xestión necesita o aparcadoiro e que tipo de grandes bonificacións son necesarias para resultar ser definitivamente “disuasorio”.

Aparcadoiros disuasorios?

Te puede interesar