Aninovo Vida nova?

O  de aninovo vida nova é algo que nos prometemos sempre pero constantemente se queda en desexo, se acaso nunha prórroga do que vivimos noutrora, e xa nos daremos cun canto nos dentes se as cousas non van peor nos tempos vindeiros; dito isto a nivel xeral, referindose aos  esperados cambios sociais, porque a nivel particular evidentemente  a algúns iránlle as cousas mellor ca outros: electricas, empresas do IBEX, bancos e... a Cristiano Ronaldo, un as do fútbol en evidente declive deportivo malia que no laboral (¿?) as cousas non lle podían ir mellor se nos atemos ao derradeiro contrato firmado con un club de fútbol de Arabia Saudi do que vai cobrar douscentos millón de euros ao ano ( 200.000.000 euros, si leron ben) o que representa case 17 millóns ao mes e se seguimos resolvendo uns seiscentos mil ao día o que ven sendo o mesmo que vinte e cinco mil cada hora. Como saben Arabia Saudi é un pais eminentemente futboleiro e o club polo que fichou Ronaldo o Al Nassr famoso no mundo enteiro. De ser suplente na súa selección de Portugal, e non ter ata o de agora equipa senlleiro onde fichar, pasa á titularidade nun club que por aquí non deixaría de ser un primeira federación, algo así como o Deportivo ou o Racing de Ferrol arestora. E como os números que se manexan provocan mareo, non chego a entender cómo pódeselle  sacar rendibilidade a semellante inversión, a non ser que naquel país xa non saiban que faceren cos cartos, que todo pode ser. Asi pois para o Ronaldo non poido comezar mellor o ano se de cartos falamos, e hai que ver a falta que tiña deles o meu pobre!.


Namentres estas cousas suceden, por aquí seguimos a lle dar voltas á convenecia ou non  de subir o salario mínimo entre o cabreo da Patronal e os malos augurios lanzados ao catro ventos pola dereita radical e menos radical. Que se a suba duns euros vai ter incidencia negativa na economía do país, que vai ser a ruína para moitos empresarios, que se patatín e patatán e entrementres se disparan os prezos da electrcidade chova ou non chova o sopre ou deixe de soprar o vento, dos peaxes das autoestradas, dos combustibles fósiles como o petróleo  parte do cal  ven de Arabía Saudi o que significa que unha porcentaxe do noso diñeiro, dos nosos impostos,  serve para pagar esa matéria prima e xa que logo tamén o macro salario do futbolista en cuestión.


O mundo xira e con ese movemento vai pasando o tempo. Moita xente,máis da que cremos non ten cubertas as súas necesidades básicas, viven na escuridade da precariedade, non porque non se saiban orgañizar co pouco  do que dispoñen, senón porque non chegan por moitos cálculos que fagan. Terán vida nova co aninovo?  Bo sería que houbese ricos un pouco menos ricos e pobres bastante menos pobres. Tal e como andan as cousas: unha utopía, séino pero...

Aninovo Vida nova?

Te puede interesar