Alcalde e Rey

Ferrol pode considerarse un caso curioso por contar no seu historial cun Alcalde (por votación) que ademais é “Rey” (por apelido). Seica a estas alturas está a recibir moitas felicitacións polo seu indiscutible triunfo. A miña non, por coherencia, pois non podería felicitar a quen durante varios anos tentou derrubar a miña vivenda, recorrendo incluso a medidas que, se non eran ilegais, a lo menos eran moi pouco éticas. E daquela, estaba apoiado por unha maioría de ferroláns que sintonizaba coa derruba masiva de todo un barrio. Hoxe aquel tan deostado grupo de vivendas, é considerado Patrimonio Galego e claro, a maioría dos ferroláns  xa non están pola labor da derruba. Pero, o que son as cousas!! Resulta que o novo Alcalde foi apoiado masivamente polos veciños dese barrio. Incrible, pero certo. A explicación é moi doada: Os veciños de hoxe xa non son aqueles que tanta angustia pasaron temendo a desfeita dos seus fogares e o exilio cara a Serantes ou aínda máis aló. Agora, como representante veciñal, non agardo deste goberno mellor trato que daquela. Claro que tampouco vai ser moito peor que o dos dous anteriores Alcaldes. Abofé.

Alcalde e Rey

Te puede interesar