A Cruz dos Caídos de Neda dedícase a 31 falecidos, moitos deste concello

Os soldados foron reclutados forzosamente e o franquismo mitificou o seu recordo
A Cruz dos Caídos de Neda dedícase a 31 falecidos, moitos deste concello
Deseño do altar e Cruz dos Caídos

Estes días está de actualidade o monumento “A Cruz dos Caídos” de Neda, o que nos leva a participar nesta controversia cun artigo baseado nos fondos do Arquivo Municipal de Neda e as achegas do historiador Francisco Leira Castiñeira, sobre “Os soldados de Franco”.


Segundo o Arquivo Municipal de Neda, o “Proyecto de Cruz de los Caídos y jardines en los que ha de ir situado, anos de 1940 a 1950”, contén o deseño do altar e a cruz dos caídos, nos xardíns de Miguel Primo de Rivera, que non ten unha dotación económica. No ano de 1939 créase unha comisión pro-monumento, formada polos veciños Ricardo Meizoso Torres, Andres Orosa e Manuel Montero, que entregan no concello de Neda, o día 12 de xaneiro de 1940, a recadación, de carácter voluntario, dirán, e outras doazóns dos veciños de Neda, para construír nos xardíns de Miguel Primo de Rivera, unha “cruz caídos en defensa de la patria”, aínda que non especifican as cantidades económicas aportadas. Así mesmo, entregan a relación dos “caídos”, como amosa a fotografía adxunta. Serían:


Destes homes que merecen estar no citado monumento dos “Caídos”, destacan o “empleo que disfrutaban” e a “fecha y lugar donde encontro gloria su muerte”. Serían por orden alfabético:


–Barragán Ruíz, Pascual, Armada, 6/3/1938. Hundimiento del Baleares.
–Barrera Martínez, Emilio, sargento provisional, 12/10/1938. Lugar desconocido.
–Blanco Rico, Jesús, soldado, 2/2/1937. Frente de Luarca
–Castro García, José Francisco, condestable, 6/3/1938. Hundimiento del Baleares.
–Castro Torrente, Manuel, marinero, 6/3/1938. Hundimiento del Baleares.
–Díaz Montero, Manuel, marinero, 6/3/1938. Hundimiento del Baleares.
–Dopico Yáñez, Juan, soldado,7/10/1937. Hospital de Marina, Ferrol.
–Fachal Fojo, José, soldado, 10/10/1938. Batalla Ebro.
–Falcón Montero, Manuel, marinero, 6/3/1938. Hundimiento del Baleares.
–Fernandez Rey, Manuel, soldado, 25/3/1938. Frente de Castellón.
–Ferro, José Antonio, soldado, 13/5/1938. Batalla de Teruel
–Fraguela Casal, Angel, soldado, 9/1/1938. Frente de Zaragoza.
–Fraguela Casal, José, artillero,29/4/1937. Frente de Ciempozuelos.
–García Casal, José, soldado, 27/7/1938. Batalla del Ebro.
–Gondell Vázquez, José, sargento legionario. 18/11/1936. Frente Ciudad Universitaria.
–González Hermida, Victor, soldado, 17/9/1937. Frente de Asturias.
–Graña Barcia, Segundo, cabo marina, 21/10/1937. Frente de Gijón.
–Lago Ameneiros, Antonio, legionario, 27/7/1938. Batalla del Ebro.
–López Corral, José, soldado, 17/4/1939. Batalla del Ebro.
–López García, Ángel, sen datos.
–López Grandal, Francisco, soldado, 11/1/1939. Frente en Mérida.
–Naveiras Canido, Manuel Benito, marinero, 6/3/1938. Hundimiento del Baleares.
–Paz Salgado, Eugenio, soldado, 5/6/1937. Frente de Madrid.
–Pereira Mauriz, Cipriano, soldado, 20/6/1938. Frente de Castellón.
–Piñón Chouza, Juan, soldado, 30/10/1937. Frente de Leganés.
–Pouso Permuy, Paulino, marinero, 6/3/1938. Hundimiento del Baleares.
–Torrente Diaz, Francisco, soldado, 8/5/1939. Desembarco en Cartagena.
–Torrente López, Eduardo, marinero/fogonero, 6/3/1938. Hundimiento del Baleares.
–Vázquez Barros, Francisco, auxliar 2º, 6/3/1938. Hundimiento del Baleares.
–Vázquez Díaz, Ramón, guardia civil, 25/8/1936. Frente de Sigüenza.
–Villar Rico, Jesús, fogonero, 5/5/1938. Frente de Sevilla.
Como observamos no listado dos Caídos, son un total de 31 falecidos, veciños de Neda, soldados e mariñeiros e un garda civil natural de Vimianzo.

 

Listado valido
 


Durante a Guerra Civil, 1936-1939, e seguindo as investigacións de Francisco Leira, na “zona rebelde” (Galicia), o exército e a “Junta de Defensa Nacional”, aproban o 8 de agosto de 1936 o primeiro decreto de mobilización que obrigaba a presentarse a todo o “cupo de instrucción y reserva” dos anos de 1934, 1935 e 1936. 


Foi un recrutamento forzoso, é dicir, a militarización a través do servizo militar, de soldados e mariñeiros. Os que morreron nas accións bélicas, o franquismo mitificou o seu recordo, como neste caso na Cruz dos Caídos.
 

*A autora, Manuela Santalla, é doutora en Historia

A Cruz dos Caídos de Neda dedícase a 31 falecidos, moitos deste concello

Te puede interesar