A memoria das vítimas do franquismo en Ferrol e comarcas mantense viva en Mañón

O libro de Ton Blanco preséntase na biblioteca do Barqueiro nesta tarde de mércores, onde cada asistente recibirá un exemplar
A memoria das vítimas do franquismo en Ferrol e comarcas mantense viva en Mañón
As primeiras presentacións do libro realizáronse nos Concellos colaboradores, como neste caso o de Narón, que acolleu o acto no Café Teatro do Pazo da Cultura | JORGE MEIS

“Memorial e monumento ás vítimas do franquismo en Ferrolterra, Eume e Ortegal” é o título de Antonio Blanco Carballo que naceu a raíz do logro materializado coa escultura de Manuel Patinha no parque Antón Varela de Canido. Despois da presentación polos distintos Concellos que colaboraron na edición, o interese dalgunhas familias de Mañón pola publicación motivou que tamén se dea a coñecer neste territorio este mesmo mércores, ás 19.00 horas, na biblioteca municipal do Barqueiro.


Tal como advirte o título, o exemplar que se presenta focaliza non só na instalación do monumento, senón en toda a historia que afectou aos veciños e veciñas da zona, dende o inicio da ditadura, atendendo á cronoloxía, e dando voz aos testemuños como protagonistas. Cada unha das persoas asistentes ao encontro recibirá un destes libros como agasallo, nos que se rexistran os nomes das persoas ás que a asociación Nordés rende homenaxe anualmente na Ponte Vella durante “Memoria dun Tempo”.

A memoria das vítimas do franquismo en Ferrol e comarcas mantense viva en Mañón

Te puede interesar