Fene inicia as obras de mellora da rede de abastecemento dende o camiño do Cádavo ata As Chancas

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, informou onte do comezo das obras de mellora do Camiño do Cádava ás Chancas. Trátase dunha intervención incluída no POS 2017 da Deputación provincial da Coruña que contempla un investimento de 60.968 euros.
A actuación, segundo explicou o rexedor fenés, estase a levar a cabo nun treito de 235 metros de lonxitude en tramos de tres rúas: a Río Cádavo, a Rúa Baixa e as Chancas.
En esencia, explican desde a administración local fenesa, os traballos contemplan a sustitución da rede de abastecemento e a instalación dunha conducción de augas pluviais para evitar a circulación destas libremente sobre a alzada. 
A actuación completarase ademáis coa resposición do rirme, a renovación de rexistros e tapas á n ova rasante e tamén se executarán tarefas de sinalización mediante pintado de sinais.
Segundo se pon de manifesto desde o departamento de Gumersindo Galego, o prazo de execución dos devantitos traballos é de tres meses. l

Fene inicia as obras de mellora da rede de abastecemento dende o camiño do Cádavo ata As Chancas

Te puede interesar