Xornada lúdico festiva para poñer fin á homenaxe a Carvalho Calero

Cunha gran xornada lúdico festiva pecharase hoxe na capela do centro cultural Torrente Ballester o programa co que desde o pasado mes de abril o Concello de Ferrol rende tributo ao ilustre escritor e lingüista nado na cidade naval Ricardo Carvalho Calero.
A cita, con entrada totalmente libre ata completar aforo e que dará comezo ás 20.00 horas, incluirá música e poesía, así como a intervención de María Victoria Carvalho Calero Ramos.
No recital poético contarase coa participación de Medos Romero, Eva Veiga, Fernán Vello, Xosé María Álvarez Cáccamo, Poesía Salvaxe, Vicente Araguas, Marcos Abalde, Iolanda Teixeiro, Aitana Tizón e Roi Sanz.
De poñer a nota musical encargaranse Xiana Lastra, Alberte Pombo, María Manuela, Bernardo Máiz Bar, Xulio Sueiro e Vitor Santalha. l

Xornada lúdico festiva para poñer fin á homenaxe a Carvalho Calero

Te puede interesar