Voces femininas no comezo da Semana da Poesía Salvaxe

Cun recital protagonizado polas poetas Judite Fernandes, María do Cebreiro, Eva Veiga Iolanda Zuñiga e Estíbaliz Espinosa e celebrado sobre as táboas do Teatro Jofre, deu comezo onte o programa de actividades da XI Semana da Poesía Salvaxe. As lecturas de poemas continuarán hoxe, desde as 12.00 horas, nos mercados da Magdalena e Caranza, coa participación, entre outros, de Carlos d’Adra, Víctor M. Díez, Karlotti, Sara Marchena e o colectivo Moraima.
Ás 19.00 horas será a quenda para Rosalía Fernández Rial e Lois Pérez no Ateneo Ferrolá para continuar o programa a partir das 22.00 horas na Sala Super 8 de Ferrol coa participación de diferentes poetas convidados.
As propostas continuarán o venres e o sábado por diferentes espazos públicos da cidade ferrolá. O encontro, no que participarán unha vintena de autores, ten por obxectivo espallar os versos e as letras por toda a urbe achegándo así o xénero a todo o público.

Voces femininas no comezo da Semana da Poesía Salvaxe

Te puede interesar