Os versos toman as rúas da cidade coa novena Semana da Poesía Salvaxe

Os versos toman as rúas da cidade coa novena Semana da Poesía Salvaxe
presentación Poesía Salvaxe

As palabras e os versos tomarán desde hoxe e ata o sábado diferentes espazos da cidade naval, desde prazas públicas, edificios culturais, bares ou tabernas da man da IX Semana da Poesía Salvaxe, desta volta en homenaxe ao poeta galego Carlos Oroza.
A iniciativa creada por Guillermo Ferrández, Juan Carlos Valle (Karlotti) e Marcos Lorenzo recupera, logo de catro anos se ningún tipo de colaboración institucional, o apoio do Concello de Ferrol. Máis de vinte poetas, entre os que se inclúen algúns procedentes de Lisboa, León, Valladolid ou de diferente puntos da xeografía galega, ademais dos locais, poñerán a súa poesía ao servizo da cidadanía.
Farano en múltiples escenarios e a través de actividades entre as que tamén hai algunha que outra novidade. É o caso do paseo en lancha pola ría previsto para o venres, a partir das cinco da tarde, nunha pequena viaxe na que “voaremos poemas cas rimas do noso mar”, coa presenza de poetas e mesmo dun gaiteiro. 
Tamén haberá dúas sesións de  “Beat Room Hotel”, actividades de microteatro que terán lugar na suite do Hotel Suizo e que permitirán gozar dunha experimental posta en escena da poesía da Beat Generation. O aforo será limitado polo que todos os interesados teñen que formalizar a inscrición de forma previa no propio establecemento (serán o xoves e o venres ás 11.00 horas). Estas foron algunhas das novidades salientadas onte por Ferrández e Karlotti na presentación da iniciativa celebrada diante da porta principal do estaleiro de Navantia en Ferrol, un dos lugares máis emblemáticos da cidade. Xunto a eles –que quixeron agradecer o apoi de Fuco Buxán– estivo o concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, que salientou o carácter vangardista do programa así como o traballo e esforzo desenvolvido nestes anos polos seus creadores, conseguindo chegar cada vez a un público máis numeroso, acadando así un dos principais obxectivos dos organizadores, e que pasa por conseguir que a poesía se convirta en algo familiar e necesario para a cidadanía ferrolá.

Os versos toman as rúas da cidade coa novena Semana da Poesía Salvaxe

Te puede interesar