O vento do Nordés varía os plans de rodaxe da película “Silencio” de Almodóvar

O vento do Nordés varía os plans de rodaxe da película “Silencio” de Almodóvar
Ares rodaxe Almodóvar na Porta do Sol con Adriana Ugarte

O forte vento no Nordés que está a soprar estes días na costa, e que onte chegou a alerta amarela, fixo variar os planes de rodaxe da película “Silencio”, que Pedro Almodóvar e o seu equipo están a gravar entre Ares e Mugardos desde o luns. Así, o martes trasladáronse de Redes a Mugardos, cambio que non debería terse producido ata hoxe, e xa rodaron (tanto o martes como onte) varias escenas na zona do peirao, ante unha notable presenza de público.
Pola mañá a rodaxe tivo como centro a vila de Ares, a zona da porta do Sol, e a marquesina do autobús, serviu para rodar unha escena protagonizada por Adriana Ugarte ambientada no ano 1998. De feito os carteis festivos situados nas inmediacións da parada marcaban ese ano.
En principio, o que queda de rodaxe levarase a cabo hoxe novamente en Ares, unha escena dun afogamento usando un par de embarcacións do Club Nautico. En principio, e se non hai novos cambios, será a fin da rodaxe de Almodóvar e a súa “troupe” pola costa norte de Bezoucos e o equipo se trasladaría a Muxía para continuar a súa grabación en Galicia.

O vento do Nordés varía os plans de rodaxe da película “Silencio” de Almodóvar

Te puede interesar