Valdoviño reivindiva o ter sido o lugar de orixe da primeira pataca europea

Valdoviño reivindiva o ter sido o lugar de orixe da primeira pataca europea
festa da pataca valdoviño /

“Segundo indican algúns libros de historia, e as redes sociais así o confirman, Valdoviño foi o primeiro lugar de Europa en donde se plantaron, no ano 1767, as patacas despois de que foran traidas polos barcos dende o novo mundo”. Así o aseguran desde o Concello de Valdoviño, entidade organizadora da Iª Festa da Pataca, un acto que trata de poñer en valor este producto ao que se lle adica o Feirón Mensual do mes de setembro que se celebra o próximo sábado día 14.
Así, ao longo do día haberá diversos eventos para que a xornada sexa completa e para que os veciños e visitantes poidan gozar dun día agradable.

programación
Tanto en horario de mañá como de tarde haberá a disposición do público unha tirolina de máis de cen metros e inchables para os máis pequenos. Así mesmo, durante a mañá estará habilitado, como cada segundo sábado de mes, o feirón mensual de Valdoviño con máis de cincuenta postos habituais de roupa, comida, bisutería, madeira, etc.
Outra das iniciativas é unha competición gastronómica. En concreto, ata as 12.30 horas as persoas interesadas en participar no Iº Concurso de Tortilla de Patacas de Valdoviño poderán presentar as súas tortillas no recinto habilitado no feirón. Ás 14.00 horas o xurado fará público o seu veredicto e coñecerase o nome dos gañadores desta competición inédita. Haberá varias categorías, con premios ás tortillas máis saborosas, ás máis grandes e ás mellor presentadas.
De 11.00 a 14.00 horas a organización habilita un taller infantil de traballo baseado en experimentos físico-químicos con estes tubérculos. Ás 14.00 horas a Orquesta París de Oza fará o pase da sesión vermú.
Entre as 16.00 e as 20.00 horas está programada unha serie de xogos tradicionais para nenos e adultos, en donde non faltarán carreiras de sacos, tiro da corda, o pano, etc.
A partir das 20.00 horas empezaranse a servir varios pratos preparados a base de patacas de Valdoviño, cos que poderán disfrutar os visitantes a este evento. Posteriormente, ás 20.30 horas, homenaxearase a varios deportistas de Valdoviño de alto nivel que levan o nome do concello polo mundo adiante. A continuación, e xa para rematar, a Orquestra París de Oza despedirá con a Iª Feira da Pataca de Valdoviño cunha verbena musical coa que remata esta iniciativa municipal que trata de unir o comercial, o turístico e tamén o gastronómico. n

Valdoviño reivindiva o ter sido o lugar de orixe da primeira pataca europea

Te puede interesar