Unha exposición e unha conferencia lembran en Pontedeume o presente e o pasado da orde do Temple

A Casa da Cultura de Pontedeume acolle o venres 19 e o sábado 20 unha actividade para difundir a historia e presenza da orde do Temple en Pontedeume. Organizada pola Concellería de Cultura eumesa e a Soberana Orden de los Caballeros Templarios, que emprega así este acto para darse a coñecer en Galicia, o venres ás 19.00 horas inaugurarase no convento de Santo Agostiño unha exposición a base de posters nos que se conta a historia desta famosa orde militar cristiá fundada en Francia en 1119 trala primeira cruzada, e liderada por Hugo de Payens, e finiquitada dous séculos máis tarde.

Ademais da información gráfica, a  mostra da Casa da Cultura está acompañada de cascos, espadas, vestimentas e figuras representativas da orde.

 

Presenza institucional

O sábado 20, tamén ás 19.00 horas, haberá unha conferencia na que se falará da orde templaria facendo fincapé na súa presenza en Galicia e en Pontedeume.

A presentación da actual Orde do Temple en Pontedeume contará coa presenza do seu gran mestre, Armando Méndez Serrada; o seu legado internacional, Félix de Heredia; e o seu senescal, Alberto Calleja Ribadeneyra, mentres que a conferencia do sábado será impartida polo seu comisionado de asuntos sociais, Miguel A. Darriba González.

Unha exposición e unha conferencia lembran en Pontedeume o presente e o pasado da orde do Temple

Te puede interesar