Un traballo sobre os hórreos tradicionais de Monfero gaña o premio de investigación eumés

Un traballo sobre os hórreos tradicionais de Monfero gaña o premio de investigación eumés
Os autores do traballo recibiron onte o galardón no acto do Concello | Ríos

“Os hórreos tradicionais de Monfero”. Este é o título do traballo escollido polo xurado como gañador da vixésimo primeira edición do Premio de Investigación Concello de Pontedeume.
Os seus autores –Álvaro Iglesias Maceiras, Rebeca Pita Golpe e Laura Porca García– recibiron onte o seu galardón no decurso dun acto celebrado no Concello eumés. O premio consiste nunha contía económica de 1.140 euros, así como a publicación do traballo no próximo número en “Cátedra. Revista eumesa de estudios”.
O xurado estivo integrado por Carlos de Castro Álvarez (profesor de Historia); Francisco Calo Lourido (antropólogo, catedrático de Xeografía e Historia e membro do Padroado do Museo do Pobo Galego; José Manuel Yáñez Rodríguez (arquitecto técnico e doutor en Historia da Arte); a concelleira de Cultura, Yolanda Vázquez, como presidenta; e Alexandre Caínzos, bibliotecario municipal, como secretario.
O premio de investigación naceu no seno da revista Cátedra co obxectivo de potenciar os traballos de investigación relacionados cos ámbitos da etnografía e a antropoloxía. A lingua empregada nos mesmos é sempre a galega. l

Un traballo sobre os hórreos tradicionais de Monfero gaña o premio de investigación eumés

Te puede interesar