Miércoles 20.02.2019

“The Cameraman” abrirá a nova edición de Cineconcertos de Ferrol

O ciclo de Cineconcertos organizado pola Concellería de Cultura de Ferrol voltan este sábado, día 16, ao Jofre, coa proxección da película “The Cameraman” (Buster Keaton, 1928) e a música en directo de La Coquette Swing Band. A formación propón para este filme unha banda sonora que se nutre do swing americano con influencias manouches.

Está formada por músicos con centos de concertos ás súas costas, como Pablo Vera (violín), Javier Cano (guitarra) e Alejandro Pérez (baixo). A película, unha das mellores comedias de Keaton, ten como protagonista a un fotógrafo que se gaña a vida na rúa sacando retratos de transeúntes. A cita terá lugar ás 21.00 horas e as entradas teñen un prezo de 10 euros.

O 9 de marzo será a quenda para “Blade Runner”, de Ridley Sott (1982), á que poñerá banda sonora Seward, un colectivo de acción sonora, canción libre e performance. No tocante á película, é eloxiada como un dos filmes máis influíntes de todos os tempos, tanto pola súa ambientación detallada e orixinal, como por adiantarse en reflectir preocupacións fundamentais para o século XXI.

O ciclo de Cineconcertos pecharase o 14 de abril con “O acoirazado Potenkim (Sergei M. Einsenstein, 1925) e as melodías musicais de Raisa xunto ao ecléctico guitarrista Xisco Rojo, cuxos estilos combinan o rock e a psicodelia con elementos folk.

Todas as citas terán lugar ás 21.00 horas con entradas a 10 euros.

Este programa é unha das apostas singulares de área que dirixe Suso Basterrechea e que ata o de agora contou cunha excelente acollida por parte do público. O ciclo combina “algunhas das mellores xoias da historia do cine coa delicada música en directo de bandas que compoñen ex profeso para acompañar a proxeción”, salientan desde o Concello.

Comentarios