Miércoles 12.12.2018

A terceira mostra “Videoclips a Esgalla” pon en valor o traballo realizado na comarca

A terceira edición da Mostra “Videoclips a esgalla” impulsada desde a área de Cultura do Concello de Ferrol e coordinada por Alberto Alonso, pon desde onte en valor o traballo e o talento dos realizadores e músicos da cidade e comarca a través dun programa que botou andar.

O Ateneo Ferrolán acolleu a inauguración da mostra de Edu Pereira | jorge meis

A xornada comezaba pola mañá coa gravación, na rúa Dolores, diante do edificio Pereira, dun videoclip da cantante, compositora e pintora ferrolá María Manuela –do tema “Ven que te levo”–, dirixido pola tamén ferrolá Catu Martínez.
O peirao local, a fervenza do río Belelle, o pinar de Doniños ou a praia de Santa Comba foron outras das localizacións nas que se desenvolveu unha peza que, tal e como onte salientaba a directora, ten por obxectivo captar a sensibilidade da artista ferrolá tanto na súa traxectoria musical como pictórica.
Ateneo
Pola tarde, a actividade da mostra trasladouse ao Ateneo Ferrolán, onde foi presentado o dvd que reúne os más de cen videoclips presentados ao longo das tres edicións do programa, procedéndose ademais á inauguración da exposición “Ferrol & Rock en Foco” do ferrolán Edu Pereira.
“Videoclips a esgalla” continuará o sábado coa gravación dun novo videoclip, neste caso co cantante mugardés Xoán Rubia como protagonista e baixo a dirección do realizador Mangi Caldevilla.
O programa incluirá ao longo das vindeiras semanas, ata o venres 26 de outubro, diferentes propostas que permitirán ao público coñecer o traballo desenvolvido polos realizadores e músicos da comarca. l

Comentarios