Viernes 24.05.2019

TEGA anuncia novos investimentos na rede de saneamento de Pedroso

Marián Ferreiro puxo en valor a construción do centro cívico da parroquia no último mandato

Un momento do acto celebrado onte na parroquia
Un momento do acto celebrado onte na parroquia

Terra Galega (TEGA) celebrou onte un acto en Pedroso no que Marián Ferreiro destacou mellorar en infraestruturas na parroquia realizadas durante o último mandato, como a construción e apertura do centro cívico. “Unhas obras que se executaron tras adquirir o Concello a antiga reitoral e que permitiron dotar a Pedroso dun servizo do que carecía e que hoxe pode desfrutar a veciñanza”, asegurou Ferreiro, que indicou que seguirán apostando polo rural.

Outra das prioridades que marcou TEGA segue sendo ampliar a rede de saneamento e abastecemento da parroquia “para que chegue a todas as vivendas do rural”, avanzando que está pendente a vindeira semana a adxudicación dos traballos proxectados na zona da Portela.

Comentarios