Sés en Narón e Chévere en Ferrol abren hoxe a tempada máis incerta

Sés en Narón e Chévere en Ferrol abren hoxe a tempada máis incerta

Miguel de Lira e Patricia de Lorenzo presentan en escena a historia dun crime sen resolver acontecido en Ourense e vencellado á chegada do ferrocarril. A partir deste suceso local, a compañía Chévere crea unha peza “que bebe do xénero policial, ironiza sobre o formato documental combinando teatro e cine en directo e funciona como unha alegoría da construción do estado nación español como se fose a promesa dun tren que nunca chegou”, escriben ao respecto.

“Curva España” estreouse en xullo de 2019 en Ribadavia e interrompeu a súa xira en inverno polo coronavirus. Esta tarde será a obra encargada de inaugurar a tempada teatral no teatro Jofre, unha axenda que estará marcada pola pandemia e, por tanto, cun aforo máis reducido (pódese ver cando se escolle a localidade a súa distribución) e con medidas especiais de hixiene e seguridade. O espectáculo comeza ás 20.30 horas e as localidades custan dez euros.

O escenario funciona como un plató no que se desenvolve unha historia “que dá para falar da España baleirada, das consecuencias da Lei Mordaza sobre a liberdade de expresión, da unidade nacional ou de como a xente constrúe narrativas alternativas á historia oficial”.

Liberar as arterias

Sés encherá o Pazo da Cultura de Narón (na medida en que as posibilidades o permiten) na presentación na localidade do seu último disco, “Liberar as arterias”. Neste sétimo álbum percorreo as músicas americanas e pásaas pola súa propia personalidade e son, co mesmo berro de liberdade e rabia que alumea a súa carreira musical.

O seu concerto tamén será esta tarde, ás 20.30 horas, e as entradas custan doce euros, con tarifas reducidas para colectivos específicos.

Outras citas da fin de semana

Ferrol e Narón ofrecen outras propostas na fin de semana. O bailarín e coreógrafo Jaime Pablo Díaz, de Nova Galega de Danza, dará unha clase maxistral de dez a dúas, no Auditorio de Ferrol. As persoas interesadas deben inscribirse antes das dúas da tarde de hoxe no taller. Pódese facer a través da web https://bit.ly/3iEeItz. As dúbidas resólvense no 981 944 244.

No Pazo da Cultura de Narón o teatro tomará o protagonismo mañá sábado con Teatro do Noroeste e a obra “As virxes salvaxes”. Será a partir das oito da tarde, con entradas a 9,5 euros. Eduardo Alonso é o autor e o director desta comedia protagonizada por persoas maiores que se rebelan contra a realidade da residencia na que viven e contra o papel secundario ao que quedan relegados nunha sociedade obsesionada coa produtividade inmediata. No escenario estarán as actrices ferrolás Luma Gómez e Elina Luaces, así como Rosa Alvarez, Imma António, Ana Santos, Manuela Varela, Miguel Pernas e Fernando González.

O domingo tamén hai plan no Pazo da Cultura de Narón. Neste caso serán os máis pequenos os protagonistas, cunha obra de Fantoches Baj. Por medio de sombras chinesas contan a historia dun xigantes que co seu longo brazo conseguiu extraer dúas boias de piscina da gorxa de dous golfiños e así salvoulles a vida. A adestradora dun acuario emprende a busca deste home extraordinario porque precisa a súa axuda. Esta fábula obtivo o premio Barriga Verde de textos. l

Sés en Narón e Chévere en Ferrol abren hoxe a tempada máis incerta

Te puede interesar