O servizo de mantemento das rúas reparou un cento de vías no primeiro semestre do ano

O servizo de mantemento das rúas reparou un cento de vías no primeiro semestre do ano
Unha das actuacións que se levaron a cabo no centro da cidade no primeiro semestre de 2022 | cedida

O servizo de mantemento de viais do Concello de Ferrol realizou no primeiro semestre do ano un cento de reparacións en rúas e camiños do municipio, segundo os datos facilitados pola Concellería de Obras e Servizos, que dirixe Ana Lamas. As actuacións máis recentes leváronse a cabo na praza de Ultramar, onde se renovou o formigón en varios puntos da calzada. Na actualidade a brigada traballa nas rúas Hernán Cortés e Manuel Belando, no barrio do Inferniño.
 

Este servizo executa cada día obras de acondicionamento en distintos puntos do municipio, tanto no ámbito urbano como no rural. Isto inclúe reparar pavimentos e repoñer elementos nas rúas, beirarrúas, estradas e prazas, así como outros obxectos como mobiliario, sinalizacións ou canalizacións que estean danadas.

 

Zona rural

Fóra da cidade, as reparacións leváronse a cabo nos camiños do Bosque, Castiñeira-Casquido, Fontela-Confurco, Lodeiro e Rioxunto (Esmelle), na estrada do Vilar (Covas), na dos Coutos, o camiño do Espiño e o de Codesal (Catabois e Serantes), na estrada de Mandiá, en Bustelo, camiño de Cos (Serantes), Pedrablanca (Covas), Covarradeiras, Trasouteiro e Fontesana-Illa Hebosa, entre outros. Tamén se arranxaron accesos a praias e o firme en aparcadoiros.
 

No ámbito urbano as reparacións estendéronse por distintos barrios e tamén pola estrada de Castela.
O contrato para este servizo de mantemento adxudicouse hai un ano por un prezo de 1,8 millóns de euros. Ten unha duración de dous anos e pódese prorrogar dúas veces ata completar catro anos. As queixas sobre baches e desperfectos son unha constante que se quere paliar con esta brigada de traballadores.

O servizo de mantemento das rúas reparou un cento de vías no primeiro semestre do ano

Te puede interesar