A SAF celebra o domingo unha asemblea para nomear a novos directivos

A Sociedad Artística Ferrolana (SAF) organiza o próximo domingo na súa sede social da rúa Magdalena (202-4) ás 12.00 horas unha asemblea xeral ordinaria para nomear aos socios de honra da entidade, así como ao novo secretario xeral e o tesoureiro. Estes dous últimos cargos eran ocupados ata hoxe por Carlos Cristóbal e Carmen G. Arozamena, que trasladan a súa residencia á localidade cántabra de Torrelavega. Con tal motivo, a etidade organiza unha cea de despedida a ambos mañá venres no Parador de Turismo. Socios, amigos e simpatizantes poden apuntarse no número de teléfono 619 609 001 ou no correo electrónico info@sociedadartisticaferrolana.es.

poxa de arte
Por outra banda, a SAF organiza no Parador de Turismo o próximo día 20 de xuño ás 20.00 horas a súa tradicional poxa de primavera pro-SAF. Nela poderán adquirirse obras de medio cento de artistas como Sergio Vázquez, González Collado, Luis Caruncho, Jane Danko, Inés Sicre, Carmen Sevillano, José Rascado, Barcón, Cachita Núñez, Maribel Cabana, Siro, Aquilino Eiriz ou Pepa Acevedo, Corín Cervera, López Bouza, Esteban Arriaga, Gascón, entre outros. Unha vez máis, Antonio Ruibal “Caruso” presentará e dirixirá o acto, no que se servirá unha copa aos asistentes.

A SAF celebra o domingo unha asemblea para nomear a novos directivos

Te puede interesar