Reportaxe | A historia de El Cisne chega ás pantallas

Reportaxe | A historia de 
El Cisne chega ás pantallas
Algunhas das traballadoras da fábrica nunha fotografía que aparece no documental

Funcionou en San Sadurniño desde 1986 ata 1995 e preto de 200 mulleres da contorna traballaron nela. A traxectoria da “fábrica”, que era como coloquialmente se lle chamaba á conserveira El Cisne, chega agora ás pantallas de ordenadores, móbiles e tabletas gracias ao documental “Historia do cisne, o atún e a troita”, realizado por Cruz Piñón, Consuelo Picos, Carmen Bouza, Lucía Pita e Carmen Couce, cinco veciñas que presentaron a obra á presente edición do Chanfaina Lab.

“Pareceunos unha gran historia. Estaba case esquecido, como se isto non pasara no noso concello, polo que quixemos refrescar a memoria das mulleres que alí traballaron”, indicou Piñón. Couce, pola súa banda, apela á importancia da fábrica para o concello: “eu fun unha delas. Foi o meu primeiro traballo; cando cobrei os meus primeiros cartos voaba de contenta e feliz. De feito, moitos lembran esta época como os “anos do Vespino”, porque moitas mulleres puideron mercar unha moto para ir ao traballo”.

A peza audiovisual é, tal e como resume o profesor Manolo González, “un anaco de historia viva que representa íntegramente o concepto de cine de memoria social”., afondando nos aspectos humanos, no que supuxo para o empoderamento das mulleres –a maior parte do cadro de personal era feminino– e no xeito en que tamén elas levaron a cabo a loita obreira para frear un peche inevitable. O documental, que agora pode verse na canle de Youtube “Fálame de San Sadurniño”, está estruturado en tres bloques. O primeiro deles aborda os comezos da empresa –nacida ao abeiro das axudas para Zonas de Urxente Reindustrialización trala reconversión naval– así como o día a día na factoría; o segundo xira sobre a materia prima que se traballaba na conserveira; e o terceiro aborda o peche de El Cisne e as súas causas.

Reportaxe | A historia de El Cisne chega ás pantallas

Te puede interesar