Reportaxe | A escola municipal de teatro de Neda regresa a escena

Reportaxe | A escola municipal de teatro de Neda regresa a escena
Una escena da obra de teatro coa que o grupo infantil da edición do pasado ano pechou o curso | jorge meis

“Que a xente disfrute moito, que o pase ben, que vaian desfrutar e ao mesmo tempo que poidan sacar alguna cousa positiva para o seu día a día”. Con este obxectivo como un dos principais, a actriz Chus Prieto (As Pontes, 1967), integrante do grupo O Aturuxo de Melpómene, encara a segunda edición da escola municipal de teatro de Neda que o pasado ano botou andar con 21 persoas inscritas.
Un excelente comezo para un municipio que demostra así o seu apoio ás artes escénicas poñendo ao alcace de pequenos e maiores unha actividade con moitos aspectos beneficiosos para os participantes.
“Axuda a cuestións como perder o medo a enfrentarse a falar en público, a facer fronte a algunha situación complicada... e a través dos exercicios e do teatro lles axuda a superar ese medo escénico que moitos temos á hora de afrontar moitos problemas da vida”, di Prieto.
Como a arte non entende de idades, entre os participantes da primeira edición había desde nenos a partir de seis anos como algún maior de máis de 70.
Satisfacción
Todos amosaron a súa satisfacción tralo desenvolvemento da primeira temporada, como satisfacción lle produce tamén á profesora ver que para algúns alumnos o paso pola experiencia resultou esencial á hora de afrontar un novo proxecto vital ou profesional.
“O outro día comentábame unha alumna que a chamaron para participar nun proxecto dunha curta e me dixo que se acordara moito do que fixera en teatro, porque hai dous anos diría que non en pleno. Para min eso é unha alegría, porque constatan que van, o pasan ben, pero que tamén lle sacan rendemento na vida”, salienta.
Este é, precisamente, un aspecto no que inciden a encargada de dirixir a escola. “É unha ferramente marabillosa para aprender a camiñar pola vida, a través do traballo de diferentes personaxes, diferentes xeitos de visión da vida, de como se pode ver unha situación en función de quen sexas e onde estés nese momento...”.
De aí que considere como moi positivo iniciativas como a do concello nedés, xa que, por exemplo no casos dos nenos, lles “axudará a camiñar pola vida; porque o tema da escolarización tamén está cambiando, e a través do teatro aprenden moitas ferramentas para poder, entre outras cousas,  afrontar situacións como a presentación de traballos diante do restos de compañeiros. Tamén axuda á hora de afrontar unha entrevista de traballo; o teatro é unha ferramenta que nos axuda a estar sós, a canalizar nervios, a capacidade de expresión á hora dunha presentación pública, etc.”. 
Neste sentido, considera que os nenos desta comarca teñen “moita sorte de vivir nunha zona na que hai moita afición polo teatro, que tamén se oferta a través de asociacións, etc, que é unha ferramenta moi potente e que temos a sorte de poder dispoñer dela para aprender moitas cousas, nenos e maiores”, reitera.
Precisamente ela formouse durante cinco anos da escola de teatro de Narón, todo un referente no eido escénico a nivel galego e incluso estatal.
A partir de aí continou incrementando coñecementos en accións formativas que el considera esencias para todo docente. 
“Procuro facer dous ou tres cursos ao ano porque eu penso que é moi necesario. Para ensinar tes que seguir aprendendo sempre”, apunta.
Programación
No que atinxe á programación, avanza algunhas das cuestións sobre as que traballarán: “imos empezar con diferentes dinámicas para traballar a confianza, tamén a nivel físico o corpo, exercicios de voz para axudar a sacar voz, que moitas veces resulta complicado, e seleccionaremos un texto en función do número de persoas que vaian participar e traballaremos ese texto para expoñelo ao final de curso”.
Todos aqueles que desexen formar parte deste proxecto, están a tempo de apuntarse na Casa da Cultura de Neda. Concretamente terán de prazo ata o vindeiro día 1 de outubro, véspera do comezo da actividade.
O martes día 2, os inscritos empezarán un curso no que, como di Chus Prieto, “ímolo pasar moi ben”. l

Reportaxe | A escola municipal de teatro de Neda regresa a escena

Te puede interesar