Rematan as Xornadas Literarias de Neda con éxito de público e a mirada posta en Manzoni

Rematan as Xornadas Literarias de Neda con éxito de público e a mirada posta en Manzoni
imaxe das xornadas celebradas na casa das palmeiras d.a.

Concluíron unhas exitosas Xornadas Literarias de Neda que este ano estiveron adicadas á obra do escritor e Premio Nobel Thomas Mann. Na xornada de onte, tras un pequeno cambio na programación, a actividade na Casa das Palmeiras comezou da man do crítico e programador do Centro Galego das Artes da Imaxe, José Manuel Sande, que falou da influencia das obras do escritor co cinema e analizou a longametraxe “Muerte en Venecia”, dirixida por Luccino Visconti, e proxectada como fin de programa.

Despois de Sande pronunciou unha charla a tradutora e profesora da Facultade de Filoloxía da USC, Rosa Marta Gómez Pato, que falou sobre o tema “De viaxe con Thomas Mann”, analizando a vida e obra do autor alemán.Como fin de programa proxectouse a citada “Muerte en Venecia”, dirixida en 1971 por Visconti.

O público participou nestas Xornadas Literarias, que estiveron organizadas polo Concello de Neda en colaboración coa Universidade da Coruña para conmemorar o Día do Libro. Axudaron o departamento  de alemán da Escola Oficial de Idiomas de Ferrol, que traduciu a esta lingua as presentacións das actividades e sumouse a varias das propostas, así como a Asociación Galega de Xermanistas, o Clube de Lectura do IES Fernando Esquío e a Embaixada de Alemaña.

Para o próximo 2014 a organización das xornadas xa ten figura a quen adicar ese programa, ao escritor Alessandro Manzoni (1785 – 1873), creador da célebre novela “Os noivos” . Este é o primeiro autor en lingua italiana homenaxeado nas xornadas nedenses.

Rematan as Xornadas Literarias de Neda con éxito de público e a mirada posta en Manzoni

Te puede interesar