O rapeiro García MC acende hoxe o Festival das Ondas Urbanas do Concello de Fene

O rapeiro García MC acende hoxe o Festival das Ondas Urbanas do Concello de Fene

O Festival das Ondas Urbanas de Fene arranca hoxe ás 21.30 horas no Círculo de Perlío co concerto do rapeiro García MC e terá continuidade mañá, na praza Alcalde Ramón Souto –a carón do Concello– coas actuacións do grupo Street Dance Presto Vivacea continuación ese mesmo día, a cantante Wöyza.

García MC é confundador de proxectos como Dios Ke Te Crew e Nación Quilombo. En Fene presentará o concerto didáctico “A lingua galega na música rap”, no que, canda un Dj de hip hop, fará un repaso pola historia deste estilo no país. O aforo está limitado a 30 persoas.

Mañá sábado será a quenda do grupo de baile urbano Street Dance Presto Vivace, que levará ao escenario da praza Ramón Souto o seu espectáculo “Danzas urbanas e os seus estilos”. Comezará ás oito da tarde.

Despois da súa actuación collerá a remuda a cantante e letrista galego-uruguaia Wöyza, unha das pioneiras do hiphop-soul e R&B en lingua española e galega. Os espectáculos de mañá desenvolveranse baixo carpa e con aforo limitado a 146 persoas.

A organización, para garantir a seguridade do evento, recomenda aos asistentes chegar media hora antes do inicio, pois a reserva perderá vixencia se 15 minutos antes non se está na cola. l

O rapeiro García MC acende hoxe o Festival das Ondas Urbanas do Concello de Fene

Te puede interesar