A RAG activará na súa web un espazo dedicado a Ricardo Carvalho Calero

A RAG activará na súa web un espazo dedicado a Ricardo Carvalho Calero
A RAG ten previstas varias actividades para homenaxear a Cavalho Calero | j.m.

O “Ano Ricardo Carballo Calero” comezou xa na web da Real Academia Galega, onde esta mesma semana, tal e como indican desde a institución, activarase un novo espazo dedicado ao homenaxeado. Nela pode lerse xa o artigo no que o presidente da institución, Víctor F.

Freixanes, presenta a celebración en homenaxe “á memoria dun dos intelectuais máis sobranceiros da Galicia contemporánea, crónica viva do galeguismo desde os anos do Seminario de Estudos Galegos, ao que se incorporou sendo moi novo, ata a súa xubilación na cátedra universitaria en 1980 e o seu falecemento o 25 de marzo de 1990”, salienta.

A comisión executiva da RAG recibiu o pasado venres a María Victoria Carballo Calero, filla do protagonista do vindeiro Día das Legras Galegas, na sede da institución. O encontro serviu para repasar o calendario de actos e iniciativas previstas ao longo de 2020 para divulgar o legado do ilustre profesor, lingüísta e escritor, “un dos intelectuais máis destacados da Galicia do século XX”, apuntan.

A filla do homenaxeado foi recibida polo presidente da RAG, Víctor F. Freixanes; o secretario e vicesecretario, Henrique Monteagudo e Andrés Torres Queiruga; a tesoureira, Marilar Aleixandre; e a arquiveira-bibliotecaria, Fina Casalderrey.

 

Actividades

Entre as actividades previstas pola Real Academia Galega inclúese unha nova edición da Primavera das Letras, que se centrará en achegar ao público infantil a figura e a obra de Carvalho Calero. Xa en maio, está previsto que o pleno extraordinario do Día das Letras Galegas teña lugar en Ferrol, localidade na que Carvalho Calero naceu en 1910.

Tralo verán, está previsto celebrar un simposio que afondará, desde a perspectiva académica, en diferentes cuestións relacionadas coa vida e obra do autor.

A RAG activará na súa web un espazo dedicado a Ricardo Carvalho Calero

Te puede interesar