Proxeccións de películas e música en directo nunha nova edición dos CineConcertos

Proxeccións de películas e música en directo nunha nova edición dos CineConcertos
Imaxe da película “The General!”, que centrará a primeira das xornadas

O ciclo de CineConcertos regresa o vindeiro mes de marzo ao Concello de Ferrol para achegar ao espectador interesantes espectáculos nos que a proxección de películas e a música en directo irán da man. As citas, que terán lugar no teatro Jofre, comezarán o sábado 3 de marzo (21.00 horas) coa formación Gurugú Cinexín e a película “The General!”. Nesta, Johnny Gray (Buster Keaton) é maquinista nun estado do Sur e ten dous grandes amores: unha rapaza (Anabelle Lee) e unha locomotora (La General). En 1861, ao estalar a Guerra de Secesión, Johnny intenta alistarse, pero o Exército considera que será máis útil traballando na retagarda. Cinexín Gurugú é unha formación musical que compón e interpreta música en directo acompañando as películas de Buster Keaton.
A súa instrumentación privilexia as formacións de cámara e os cuartetos de saxofóns. As entradas poden ser adquiridas no Jofre e en ataquilla.com desde 8 euros anticipadas e 10 euros en billeteira.
A programación continuará o sábado 14 de abril con Adrián Begoña Trío e “O home mosca”, a obra mestra de Harold Lloyd. Begoña é unha pianista clásica que toca jazz. Unha das especialidades do seu trío é poñer música a películas clásicas do cine mudo, improvisando en directo.
Pechará o ciclo o sábado 12 de maio o compositor de música electrónica Morales, que protagonizará a sesión arredor da película futurista “Metrópolis”.

Proxeccións de películas e música en directo nunha nova edición dos CineConcertos

Te puede interesar