Propostas dirixidas a todos os públicos desde esta tarde no Mercado Medieval de Narón

Propostas dirixidas a todos os públicos desde esta tarde no Mercado Medieval de Narón
Feria Medieval de Narón

O Mercado Medieval de Narón abrirá esta tarde, ás 18.00 horas, as súas portas para propoñer durante toda a fin de semana unha gran variedade de propostas dirixidas a todos os públicos.
Un pasarrúas a cargo da formación de música folk Treefolk inaugurará, ás 18.30 horas, unha programación que neste primeira xornada incluirá tamén espectáculos con personaxes fantásticos –“Human no Limits”–, visitas de trasgos, unha roda humana e unha proposta aérea e de lume para despedir esta primeira noite de mercado.
Postos
A esta oferta súmanse, tal e como lembrou a concelleira de Festas de Narón, Mar Gómez, un centenar de postos que se instalarán na zona e nos que se ofrecerán produtos gastronómicos, artesanía con demostracións en vivo e artigos ornamentais, entre outros.
Mañá sábado, o Mercado Medieval poderá visitarse a partir das 11.00 horas. Espectáculos acrobáticos e piruetas, xogos para o público infantil e outras propostas encherán de contido a xornada matinal para continuar pola tarde, a partir das 18.00 horas, con moitas outras actividades e representacións propias da época do medievo.
A última xornada do Mercado Medieval, a do domingo, o horario dos postos será de novo desde as 11.00 pola mañá e a partir das 18.00 pola tarde.
Desde o Concello animouse á veciñanza de Narón a gozar da ampla programación, convidando tamén á xente doutras localidades a achegarse á zona para ver os espectáculos e tamén a ampla gama de produtos ofrecidos nos postos.

Propostas dirixidas a todos os públicos desde esta tarde no Mercado Medieval de Narón

Te puede interesar