As propostas de actividades para os nenos reinvéntanse á espera dunha maior apertura

As propostas de actividades para os nenos reinvéntanse á espera dunha maior apertura
As festas infantís do Entroido foron o último acontecemento antes do Covid | j.m.

A infancia foi durante estes meses de coronavirus un elefante na habitación, un “problema” ao que non se lle deu solución nin alternativa.

Primeiro porque non se pensou nela como grupo de especial protección durante o confinamento máis duro, e agora porque, reanudada boa parte da actividade laboral e económica, os colexios seguen pechados e non se ofrecen ás familias opcións de conciliación. Os avós xa non valen como salvamento por ser, polo xeral, parte do grupo de maior risco ante un posible contaxio por coronavirus, e as administracións aíndan non puxeron en marcha os mecanismos que, noutros momentos non lectivos, axudan a seguir traballando sen deixar aos pequenos sós.

A oposición ferrolá reclamaba esta mesma semana ao goberno que se poñan xa en marcha os campamentos de verán e tódalas opcións posibles para facilitar a conciliación. Aprobouse unha moción ao respecto cos votos en contra dos socialistas, que alegan que se asume un risco sanitario innecesario e que ademais non contan con orzamento para facelos. Porén, noutras cidades galegas xa se está en proceso de preinscrición e a fase 3 do desconfinamento, cuxas especificacións se publicaron onte no BOE, permite a reanudación das actividades de ocio infantil, tanto ao aire libre como en lugares pechados.

Mentres tanto, as empresas do sector están obrigadas a reinventarse, a propor cursos individuais ou con grupos reducidos e incluso a cambiar a animación nas festas por sistemas de “canguraxe” cos que suplir a falta de escolas de educación infantil. Unha delas é La Guagua, de forte implantación na comarca, e que onte, ante o anuncio da Xunta de axudar economicamente ás familias por ter pechadas as garderías, volveu lembrar que ofrecen bonos horarios e tamén coidados en grupo a veciños e asociacións. “Estamos en emerxencia social e as familias estano pasando mal por non poder dar resposta ao seu problema de conciliación”, explican. Protocolos estrictos e diferentes modalidades de cursos e de coidados, incluso para vecindarios, son algunhas das opcións que ofrecen. “Temos moitas ganas de reencontrarnos cos peques”.

As propostas de actividades para os nenos reinvéntanse á espera dunha maior apertura

Te puede interesar