O programa xuvenil MONA pechou as súas actividades cunha festa no Raíña Sofía

O programa xuvenil MONA pechou as súas actividades cunha festa no Raíña Sofía
Un momento do concerto que se celebrou dentro do Festival MONA | jorge meis

Ferrol levou a cabo durante os meses de marzo e de abril unha proposta de ocio xuvenil para ofrecer alternativas no tempo de lecer que non estean vencelladas ao consumismo ou ao consumo de drogas. Este Movemento de Ocio Nocturno Alternativo (MONA), impulsado desde a Concellería de Xuventude e que recupera o espírito de propostas con longo percorrido na cidade –como foi no seu día Ardora–, ofreceu obradoiros variados de fotografía artística, ioga, gravación de videoclips, edición e montaxe e maquillaxe profesional con efectos especiais a persoas entre os 14 e os 30 anos. Onte despedíanse cun festival –Festival MONA de Xuventude Creativa– que se levou adiante no parque Raíña Sofía e no que se fixeron demostracións do traballo realizado nas semanas anteriores.

A concelleira Cristina Prados abría a tarde en torno ás sete para dar paso a unha sesión de ioga na rúa a cargo de Cristina Irisarri. Despois deste preámbulo comezaron os concertos, nos que a música se deu a man con creacións audiovisuais e fotográficas feitas nos obradorios.

Far Away Place e Xackal subiron ao escenario a partir das oito e ao mesmo tempo íanse proxectando os traballos elaborados no curso de gravación de videoclips e dos de fotografía artística. Far Away Place son unha banda ferrolá cun longo percorrido –naceron en 2010– e Xackal é un proxecto de música electrónica do vilagarciano Nano Suárez de Lis. 

O programa xuvenil MONA pechou as súas actividades cunha festa no Raíña Sofía

Te puede interesar