Pontedeume e Narón regresan ao Medievo con programas amplos e para todos os públicos

Pontedeume e Narón regresan ao Medievo con programas amplos e para todos os públicos
Pontedeume. Pregón Feirón Medieval con Xurxo Souto

Dúas citas medievais conviven esta fin de semana na axenda de lecer. En Pontedeume, o Concello organiza desde onte a décima edición do Feirón Medieval dos Andrade, que este ano conmemora o 650 aniversario da colocación da primeira pedra do devandito fortín.

O músico, escritor e locutor Xurxo Souto foi o encargado de ler onte o pregón, inaugurando así un evento que este ano inclúe, como novidade, un poboado medieval no que haberá moitas actividades. O mercado permanecerá aberto hoxe e mañá de 11.00 a 14.00 horas e pola tarde desde as 17.30 ás 00.00 horas. Animación musical, exhibicións, xogos e moitas outras propostas animarán a xornada durante todo o día.

Narón
Tamén en Narón, a época medieval é desde onte a protagonista no parque fluvial do Río Freixeiro coa celebración do Mercado Medieval organizado polo Concello. Hoxe e mañá –ás 13.00 e 18.00 horas e ás 13.00 e 20.00 horas, respectivamente– desenvolverase unha das novas propostas incluídas este ano no programa, un torneo entre dous cabaleiros no que se recrearán pelexas a pé e a cabalo con lanzas e espadas.

Durante todo o día haberá ademais faunos animando a zona, novos espectáculos de Humans no Limits, a roda alemana e diferentes personaxes fantásticos. Os máis pequenos da casa disporán ademais dun espazo infantil con mesas de xogo, unha noria e sillas voadoras.

Poderán así mesmo iniciarse na práctica da arquería coa axuda do maestro Regino. O mercado abrirá de 11.00 a 14.00 horas pola mañá e a partir das 18.00 horas pola tarde.

Pontedeume e Narón regresan ao Medievo con programas amplos e para todos os públicos

Te puede interesar