Pontedeume mergúllase durante tres días no tempo dos Andrade

Pontedeume mergúllase durante tres días no tempo dos Andrade
o pregón de sergio pazos foi un dos alicientes da xornada, que contou con moita afluencia de público

Cun pregón politicamente incorrecto, cheo de humor e crítica á situación social actual, o actor ourensán Sergio Pazos deu comezo onte ao Feirón Medieval dos Andrade, que durante tres días agarda superar os 20.000 visitantes en Pontedeume.
Nunha ateigada praza do Concello, Pazos soubose gañar a simpatía dos eumeses que onte, unha vez máis, apoiaron a cuarta edición desta festa coa decoración nas rúas da vila do ambiente medieval, ao tempo que animaron cos seus disfraces e caracterizacións o recordo de tempos lonxanos cando se fundou a vila.    

programación
Hoxe será un día intenso en Pontedeume co maior número de actividades. Así, trala reapertura do cento de postos desta edición ás 11.00 horas, toda a mañá haberá animación de rúa. A partir das 12.30 horas celebrarase unha exhibición de tiro con arco no Mercado así como espectáculos de maxia e esgrima. Non faltará a música polas vías e o teatro aberto. Pola tarde os postos reábrense ás seis e a esa hora haberá un singular espectáculo de danza do ventre fronte á praza do Convento. Volverán as exhibicións de todo tipo e ás 19.00 horas actuará o popular trobador Crispín D’olot, xa coñecido de anos anteriores.
Teatro, maxia, cetrería e outros espectáculos serán a nota dominante nas rúas ata as nove. A esa hora representarase a Revolta Irmandiña, a historia convertida en festa popular. Os campesiños sairán desde a praza da Calzada para percorrer as rúas de Pontedeume ata chegar ó Torreón dos Andrade. Poderá unirse á revolta quen o desexe, levando fachos ou paus que axuden á caracterización das loitas de antano.
Desde as 21.30 horas retomarase a animación e o teatro de rúa, con espectáculos de lume, e celebrarase un banquete medieval (previa inscrición), nos balcóns do Mercado de Abastos. Na medianoite celebrarase un concerto de música folk a cargo do grupo Rapax. n

Pontedeume mergúllase durante tres días no tempo dos Andrade

Te puede interesar