Poesía para reivindicar a muller na creación literaria e musical

Poesía para reivindicar a muller na creación literaria e musical
Imaxe da pasada edición

O patio interior da Casa do Concello de San Sadurniño acollerá esta tarde, a partir das 17.00 horas, a segunda edición do Recital de Poesía en Feminino, cuxo obxectivo pasa por reivindicar e visibilizar a muller na creación literaria e musical. As voces dos integrantes da Nova Poesía Guiterica –colectivo chairego nado en 2015 que recolle a herdanza de Díaz Castro– como das poetas de dentro e fóra de San Sadurniños encherán de versos un espazo ao que poderán acceder todas as persoas interesadas de forma libre e gratuíta.
Participantes
O encontro, a medio camiño entre o activismo literario e o activismo social a prol da igualdade, reunirá a unha vintena de poetas.
O acto contará tamén cunha parte musical da que se encargarán dous novos talentos do municipio, tal e como salientan desde o goberno local. Así, o auditorio poderá gozar das pezas ao piano interpretadas por Sol de Lera e cos acordes ao chelo de Víctor Rodríguez Troncoso. l

Poesía para reivindicar a muller na creación literaria e musical

Te puede interesar